E a min encántame a vida…

O último

Pechando portas… e abrindo ventanais!!! (Fin…)

10668727_10155720451035253_3918144072031657752_o3 anos pasaron da primeira foto á segunda…

Neste tempo sucederon moitas cousas, algunhas delas fermosas, outras non tanto, pero de todas saco unha lectura positiva… e tanto!
Hoxe fun busca-las notas e xa podo dicir que son Técnico Superior en Administración e Finanzas!
Síntome afortunada polos compañeiros que tiven, tanto nos dous primeiros anos coma neste último, máis levadeiro en moitos apectos.
Andrea, fuches a mellor compi de pupitre que me puido tocar!
Atopeime cun equipo docente incrible no IES Pedra da Auga, tanto profesionalmente como no persoal. Gracias por pensar que eu podía! Vounos extrañar…
Gracias a meus pais, Severo e Rosa, por toda a axuda prestada neste tempo. Non podo estar en dous sitios á vez e gracias a eles case o consigo.
Gracias ás miñas SADEO (Lucia, Veronica, Andrea…) por estar sempre aí. Pero en especial á miña querida Flor e a Carlos por aguantarme nos meus peores momentos e por saber acompañarme nas alegrías.
Sonia, a distancia nunca foi impedimento para sentir o teu cariño e apoio. Menos mal que nos queda o teléfono. Espero poder celebrar pronto os teus triunfos tamén.
E como non, mención especial ós meus dous amores, Candela e Fernando. Fostes a motivación nos momentos de fraqueza e por vós seguirei superando calquera obstáculo que apareza.

Parece que a vida finalmente recompensa o esforzo, que paga a pena. E agora podo dicir que un golpe de boa sorte tamén se agradece.
Remato unha etapa importante, pero tamén inicio outra que promete traer cousas moi positivas… comezo a traballar!!!

Síntome moi afortunada. Síntome feliz!

 

Vísteme despacio que teño presa…

… ou iso di o dito (sirva a redundancia).

Porque algo que aprendes co paso do tempo é a tratar de facer as cousas ben, leve o tempo que leve… sobre todo cando tes unha pequena e te decatas de que calquera decisión que tomes agora pode afectarlle no seu futuro.

Volver estudiar foi unha das que non me custou demasiado, diso xa hai dous anos, pero cando a tomei non tiña idea do que me ía vir polo camiño, así que tocou tomalo con máis calma da que o faría noutro caso porque a prioridade xa non era eu. Candela viña para revolver o meu mundo pero, sobre todo, para ensinarme moitísimas cousas: que todo sucede no seu xusto momento, que hai que aproveitar cada instante que che da a vida coma se fora o último porque non se vai volver repetir e que a paciencia é unha virtude imprescindible!

Hai case ano e medio vivía unha das épocas máis convulsas da miña vida, chea de grandes e difíciles decisións, chea de incertidumes. Unha transición e toda regra. Pero foi o momento no que entendín que tiña que comezar a “vivir” o resto da miña vida.

Vivir, si; porque levaba moito tempo vivindo a que outros querían ou pensaban que eu tiña que levar, pero non a que me enchía nin me facía feliz. Así que tocou agarrar ó touro pola cornamenta e plantarlle cara a todas aquelas cousas preestrablecidas por aqueles que non se molestaron en coñecerme realmente; se non que trataron de facerme á medida dos seus estándares.

E aguantei o tempo que aguanta un paxaro enxaulado, que tarde ou cedo consegue escapar e recuperar a liberdade para poder voar.

Pode parecer egoísta pensar en liberdade cando teño unha responsabilidade tan grande cunha vida que eu quixen traer totalmente consciente do que facía… pero precisamente por iso mesmo foi. Porque me sinto libre para ensinarlle á miña pequena a quererse e facerse a si mesma, a loitar polos nosos soños e a poñer paixón en todo aquilo que facemos, a amar sen renunciar a si mesma, a valorar a quen te valora, e tantas outras cousas que eu esquecera, ou máis ben aparcara, e que voltei recuperar con máis ganas que nunca…

Non me arrepinto do vivido, porque o fixen convencida de que era o que tiña que facer naquel momento e porque me deu o regalo máis valioso que teño, o que hoxe me motiva e me guía.

E estou agradecida por todo o que aprendín, porque me trouxo ó momento no que estou agora, feliz coa miña pequena, e feliz tamén por atopar un compañeiro de viaxe que realmente me acompaña, me valora e me motiva a crecer e a mellorar cada día.

Porque todo sucede por un motivo, e os meus teñen nome e apelidos.

Conflicto (4ª parte) e seguimos…

Ummm… por onde empezo? Porque mira que me pasaron cousas nestes dez meses…

Entre elas o nacemento da miña filla. A experiencia máis marabillosa que xamais vivín… Candela veu encher o meu mundo de ledicia e amor, de momentos inesquecibles, pero tamén de noites en vela, de xoguetes por todas partes, de… uf! Tremo só de pensalo…

img051

Aínda así, con nena e todo, din terminado o primeiro curso do ciclo que me puxen a estudiar con boas notas, voltei dar clase enseguida (que de algo hai que vivir), pasei un verán algo convulso e… voltei vivir na casa de meus pais… 😦 Cómodo é, porque me permite seguir estudiando e traballando, e estareilles eternamente agradecida pola axuda que me prestan, porque doutro xeito non podería, pero… coma na casa dun… non se está…

Cando entro en conflicto conmigo mesma dígome “é temporal… é temporal… é temporal!”. Como di un amigo meu… as cousas pasan porque teñen que pasar. E todos temos épocas nas que necesitamos repoñernos dos golpes e descansar, que non fuxir, dos problemas e outros avatares da vida.

Eu estou collendo folgos. Preparándome para o que me vai tocar vivir, para o futuro inmediato e o que non o é tanto. Porque vivín e vivo nunha transición do resto da miña vida. Porque se aproximan cambios positivos, cambios para os que estou a traballar. E porque eu tamén teño dereito a vivir moitos máis momentos de felicidade…

Meu avó, o gaiteiro

Rancho de reisHoxe miña tía Pili veu visitarme (ademáis de a botarme unha man coa casa, que boa falta me fai a estas alturas…) e, xunto coa rosca de pascua como boa madriña que é, trouxo algo que tal vez me fixera un pouco máis de ilusión.

Sempre estiven orgullosa das miñas orixes, pero despois de ver esta foto, un chisquiño máis.

Cada vez que tiven ocasión en determinados círculos aproveitei para mencionar quen era o meu avó materno: Manuel Iglesias, carpinteiro de profesión, pero para todo o mundo o gaiteiro de Meirol, o da Tomasa, dos Ranchos de Reis de Vilasobroso… que tocaba alí onde llo pedían e que sempre estaba disposto para a festa.

Eu xa non o vin tocar. Cando nacín a enfermidade xa fixera mella no seu corpo, e xa perdera algunha que outra gaita por prestarlla a quen non devolve o que leva. Cando faleceu eu tiña seis anos.

Son poucos os recordos que conservo del, pero son os mellores que se poden gardar dun avó. A xente que o coñecía só ten boas palabras para un home que era querido por todos e que, como gaiteiro que era, tamén tiña a fama que lle corresponde a un músico da época… xa escoitei de todo! É o que ten andar de aldea en aldea coa gaita ó lombo…

A que conservamos na casa, coma ouro en pano despois de restaurada xunto co seu clarinete (o Manuel pegáballe a todo…), volveu soar nos dedos de miña irmá logo de moitos anos. Non é a da foto, esa non voltou. A que si gardamos, de buxo en “si bemol”, está para que siga pasando de xeración en xeración a espera dun novo “Iglesias” que dea as súas primeiras notas con ela, como ocorreu con miña irmá.

A min deume pola percusión, pero esperarei paciente a ver quen é o seguinte que a faga sonar para acompañalo de lindo gusto.

Cada vez queda menos…

…para que os cambios que se aveciñaban se materialicen por completo.

la foto

Algúns son máis trascendentais ca outros, pero todos iguais de interesantes…

Aínda que o que máis nerviosa e emocionada me ten é a próxima chegada de Candela. Non podo aguantar as ganas de verlle a cariña, de bicala e abrazala. E non son a única impaciente que anda por aquí.

Sei que a vida desta “familia” nunca voltará ser coma antes, pero tamén sei que vela crecer compensará calquera cousa á que teña que renunciar. O mellor está por vir!!!

 

NUK “Volver a empezar”

Estes días tócame facer recopilación de fotos e vídeos da miña faceta “artística”. O caso é que un amigo tivo o detalle de colgar en youtube o corte coa miña actuación na estrea da curta de Rubén Riós “Coser e Cantar”, no Auditorio de Ourense, hai xa 4 anos. Rubén escollera a canción como tema principal do making off.

Agora que o meu “compañeiro de batallas” está lonxe, non podo evitar recordar estes momentos con algo de morriña. Dubido que volva atopar outra persoa que me entendera tan ben. Foi moi gratificante traballar contigo, Keñi. Todo parecía tan sinxelo cando te poñías ó piano…

Teño a esperanza de que poidas volver para repetilo.

Artista: NUK

Tema: Volver a empezar

Letra: Nuria Gesteira / Música: Nuria Gesteira e Alejandro Rodríguez “Keñi”

Pechando portas… e abrindo ventanais!!! (2ª parte)

puertaOutras emprenderon o camiño antes ca min, pero como todo ten un comezo e un final, tamén eu pechei un ciclo.
Foi unha decisión moi dura. Os motivos? Moitos… demasiados para porme agora a enumeralos, pero o suficientemente importantes como para dar o paso.
Hai 15 anos comecei xunto a 5 compañeiras máis un proxecto que nos trouxo moitas alegrías. Para min é media vida; ese foi o tempo que compartín coas compañeiras das “Pandereteiras Os Muíños de Oliveira”.
Non todo foron bos momentos: En todo este tempo sufrimos moitos cambios e vivimos moitas experiencias, pero foron o suficientemente importantes como para establecer estreitos lazos con algunhas delas.
Gracias, sobre todo a Andrea Pino Fernández e Lucia Pérez Groba, por todo este tempo de traballo e éxitos. Con vós comecei e con vós rematei. Pero non teñades pena, que aínda nos quedan moitas cousas por facer, mozas!!!
Gracias tamén a Flor Diez Fernandez, que aínda que o teu paso foi breve foches un grande apoio nos últimos tempos, e aínda segues a selo.
E non podo esquecerme de Javier Feijoo. Gracias, mestre, por iniciarme, mostrarme o camiño e, por seguir ensinándome aínda hoxe. Foches o motor dese proxecto moito tempo e o que sentou as bases do que fomos. Sempre serás unha “Oliveira” máis… jajajaja…!!! Verdade, mozas???
Pero isto só é un punto e seguido. Non teñades pena, que non penso deixar de tocar e cantar. Mentres a vida mo permita seguirei dando toda a guerra que poida! Non vos ides librar de min tan facilmente.
VÉMONOS NOS ESCENARIOS, XENTE!!!

%d bloggers like this: