E a min encántame a vida…

Apunte a Manuel (por se volves visitarme outro día)

Este é un espacio no que eu escribo as miñas OPINIÓNS PERSOAIS, que non represento a ninguén e que asumo o que aparece aquí como propio (a non ser que alguén, que o dubido, me piratee o blog). Pero como, polo que parece, vexo que é algo que non está quedando demasiado claro.
Teño un profundo respeto por todo aquel que se adica ó mundo do folklore, xa que sei o esforzo que supón ás veces. E aseguro e afirmo que diferencio moi ben entre "persoa" e "tendencia" posto que considero que teño amigos en grupos folklóricos de todo tipo, máis ou menos afíns á idea que poida ter o grupo ó que eu pertenzo. Pero iso non quita que, aínda diferenciando entre "persoa" e "estilo", eu teña á miña maneira de pensar e opinión personal e intransferible e nunca falarei por boca dos demáis no que se refire a este asunto.
Así como eu teño unha opinión sobre a maneira de facer as cousas dos demáis, o mesmo lle pasará ó resto comigo.
Espero ter aclarado desta maneira tódalas dúbidas que se lle poidan plantexar a todo aquel que visite este espacio.
Un saúdo.
Advertisements

Unha resposta

  1. manuel

    hola de novo,
    boeno.. en primeiro lugar teño que darche a noraboa polo espazo que creache, e que o estás currando.. sí señora!!
    A ver. .Nuria, creo que me malinterpretaches, ou eu non fun quen de expresarche o que querías decir. Supoño que sabes de sobra que eu tamén diferencio persoas e estilos, e que nesto do folclore non hai verdades absolutas e todas esas cousas que tamén ti pensas.. de feito creo que non estamos moi alonxados, tanto é así que por circunstancias eu nacín como bailador nun estilo e por min mesmo me fun mergullando noutros.
    Tampouco dubidei nunca de que as opinións que aquí saen sexan personais e intransferibles, non as asociei en ningún momento a ninguén máis… só che dicía que persoalmente, e é unha opinión, como estiveramos conversando como fixemos últimamente, o de premios de consolación non me pareceu a expresión máis axeitada.. só eso.. e máis que nada porque tal e como o escribíche parece que foi unha especie de agasallo que deron. Eu non vou a entrar a xulgar quen o merece e quen non, xa che dicía o outro día que non deixa de ser un concurso… e que.. pfff, boeno igual a miña particular visión deste tinglado chamado folclore fai que lle dea menos valor do que pode ter… Pero o que non creo que sexa bon sea falar deses premios individuais dese xeito, porque dalgún modo, e é o meu ponto de vista, estás a facer de menos o traballo desa xente que sube a un esceario a facer o que lle gusta: bailar. Pensa que o fiadeiro  levou dous anos o de mellor bailador, tangaraño outros dous, gandaina un… se a memoria non me falla…-(se é así, corríxeme) e en ningún destes casos falaría dun premio de consolación…  só che quería dicir esto nese sentido.. no de que ao ler os comentarios daba a sensación de que no caso das medallas eran un recoñecemento a unha labor ben feita, a un traballo digno  e que o resto.. boeno, foron dados "ao chou"…  e desde logo, estou dacordo contigo en que o traballo, unha boa execución, unha posta en escea é o que se debe valorar nun concurso… e o dos estilos.. boeno, fai que sexamos diferentes
    por certo.. mira que non nos daba esto para falar en santiago nesas horas de espera
    un bico moza e espero que agora quedase claro o que che quería dicir… e non dubides, xamais, de que me eu sí valoro -e moito- o traballo ben feito e, como moitos outros, coido que o estades facendo ben…

    21 Marzo, 2006 ás 10:16

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s