E a min encántame a vida…

Días duros…

Este domingo foi un deses días para non repetir máis.
Comezamos a mañá cunha actuación en Tortoreos (As Neves) ás 14:30 da tarde a pleno sol; nada que obxectar se non fora porque a comisión de festas nos fixo estar alí ás 12 do mediodía, a misa supostamente comezaba a 1pm pero o cura chegou tarde, e a xente marchou como alma que leva o diaño para non aguantar semellante calor.
E nós ó borde da lipotimia ata ás 3 da tarde…
Pero é que despois as pandereteiras tiñamos concurso na Coruña, é dicir, na outra punta de Galicia. E ala! A fume de carozo para alá e sen comer sequera.
Aínda que alá arriba fixo menos calor levavamos demasiadas horas co traxe posto… ¡non vexas como tufabamos todas xuntas!
Pero tivemos a nosa recompensa: ¡1º premio da nosa categoría!
Imos tomalo coma un pequeno consolo…
 
(Para máis información, link Os Muíños de Oliveira neste mesmo space)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s