E a min encántame a vida…

A Lorient…!!!

Quedan 10 días, só 10 días para pasarse máis de 20 horas metida nun bus…
Ás veces, cando penso no "tute" que supón, quítanseme as ganas; sobre todo cando recordo que a circunstancia de ida tamén toca á volta.
 
Si, imos a Lorient; imos o festival intercéltico máis importante do mundo: miles de participantes amosando a súa cultura, as rúas cheas de xente, horas e horas de espectáculo e festa… aaaiiiii… Xa vou vella e non sei se darei aguantado desta…
 
Pero o que sí sei é que penso pasalo ben, que iso é algo que ninguén me vai quitar. Aínda que aquí deixe cousas que me farán sentir moita morriña (tranquilo, neno, que só son 10 días); ó fin e ó cabo son oportunidades que non se poden deixar pasar.
 
 Prométovos a todos que me portarei ben.
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s