E a min encántame a vida…

Xa estou de volta

Hola de novo. Xa estou na casa.
Depois de 10 longos días fóra parece que as augas volven o seu cauce.
A viaxe non foi todo o idílica que eu esperaba, tal vez porque xa ía condicionada polas miñas circunstancias personais, pero si podo dicir que houbo bos momentos.
Lorient non he unha cidade bonita, pero durante os días de festival ten o seu encanto: as rúas cheas de xente de todas partes, música en directo nas rúas do centro e un gran mercadillo de no que podes ver cousas de todo tipo.
Este ano adicáronllo a Australia, pero non me atrevín a probar a carne de canguro que nos ofrecían, non fora a ser…
Tivemos tempo para facer un par de excursións por algúns lugares da Bretaña, dos que tamén hai fotos. Cando me pasen as que me faltan prometo que as publicarei.
Polo pronto espérame unha temporadiña na casa, intentando relaxarme un pouco e estudiar para os exames de setembro, que ó fin e ó cabo non queda tanto para que cheguen.
Un abrazo e gracias pola vosa fidelidade.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s