E a min encántame a vida…

Máis vale tarde que nunca…

Despois de moito tempo esperando este momento (case tres anos) por fin podo dicir que sei o que son unhas vacacións. Á volta de Lorient decidín (a pesar de certas cuestións que agora non ven o caso mencionar) disfrutar do meu "tempo libre" e vivir un pouco.
Estes días servíronme para reflexionar e establecer de novo as miñas prioridades; a partir de agora a miña existencia contróloa eu, non as miñas obrigas.
A pena é, que coma todo o bo, os días libres tamén se acaban. En menos de nada xa estou voltando á rutina dos ensaios, clases, etc… pero esta vez de maneira moito máis relaxada. É unha promesa que lle fixen estes días a toda esa xente que extrañou a miña compañía todo este tempo.
Vale… recoñézoo, tardei un chisco de máis en darme conta de que existen algo máis que os compromisos e responsabilidades. Pero a partir de agora toca facer un pouco máis de vida social.
Un bico moi grande a todos e gracias polo voso apoio. Vós sabedes quen sodes.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s