E a min encántame a vida…

Programa La Tanda 3 de marzo

O sábado 3 de marzo será do máis variado; pagará a pena pasarse un rato (19h a 22h – El Ensanche).

Bernie Salgado – Concerto acústico

A actuación de Bernie Salgado é toda unha incógnita.
Podémosvos dicir que actuará en solitario, en formato canción de autor, coa súa guitarra clásica e tamén coa acústica, e que cantará en galego. Este singular artista seguro que causará unha boa impresión a quen o poida escoitar. ¡¡Pura expectación!!

Óscar Cobos – Grupo de danza GS21 mostra audiovisual

“Galicia Século 21” é unha compañía de baile e música de Galicia que comeza a funcionar en abril de 2005 logo de que un grupo de músicos e bailadores, moitos deles relacionados ca música e o baile tradicional, expresasen as súas inquedanzas e soños chegando a un punto común sobre o que construír unha nova compañía na que a música e o baile de raíz galega fose levada a súa máxima expresión. A idea insignia deste proxecto é o convencemento de que a música e o baile son atemporais, é dicir, é pasado, presente e futuro.

Ramón Caride – Recital literario

É un dos iniciadores da CF galega e autor dunha das primeiras novelas do xénero nesta lingua, Soños Eléctricos (Xerais, 1992), galardoada nese ano co premio Blanco Amor de Novela Longa, sendo a única obra de CF premiada neste certame, o máis antigo da novela en galego.
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s