E a min encántame a vida…

Semana Intercultural en Cangas


Por segundo ano consecutivo Solidariedade Internacional de Galicia pon en marcha unha SEMANA INTERCULTURAL co obxectivo de achegar as realidades doutros países aos máis xóvenes deste concello pontevedrés.

Cerca de 300 nenos e nenas de Primaria e 350 mozos e mozas de Secundaria participarán nas actividades previstas en seis Colexios e tres Institutos de E.S.O. , tanto públicos como privados.

Ademáis no Bar Ambigú (na Rúa Lirio) estará durante toda a semana a Exposición "Palestina, mulleres entre dous fogos" e na Casa da Cultura de Cangas a exposición "Comercio con-sentido" .

Luns 7 de maio. CONTACONTOS "CONTOS DO MUNDO"
ás 12.45 horas no Colexio de Aldán e ás 12.15 horas no Colexio de Hío.

Martes 8 de maio. CONTACONTOS "CONTOS DO MUNDO"
ás 9.30 horas no Colexio A Rúa e ás 9.45 horas no Colexio Casa de la Virgen. Ás 12.30 horas no C.E.I.P. Cangas (na Rúa Real- Nazaret) e ás 15.30 horas no Colexio Eduardo Pondal de Darbo.

O Mércores 9 de maio
OBRADOIROS "COMERCIO CON-SENTIDO"
de 9.20 horas a 11 horas no I.E.S. Montecarrasco (na Rúa Montecarrasco nº2) e entre as 11 a 13 horas con alumnos e alumnas de 4º ESO no I.E.S. Maria Soliño (na Rúa Monte Carrasco nº3).

O Xoves 10 de maio OBRADOIROS "COMERCIO CON-SENTIDO"
de 8.30 h a 12 horas no I.E.S. Rodeira (na Avda. de Ourense s/n) e de 9.20 horas a 11 horas no I.E.S. Maria Soliño.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s