E a min encántame a vida…

Taller de improvisación e composición coreográfica

Profesor: Janusz Subicz da compañía de DANZA-TEATRO de Pina Bausch
Do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xuño de 10:00 a 14:00 h

Nº de prazas: 20
Lugar: Centro Coreográfico Galego
Prezo do curso: 120 euros (25 % de desconto para membros das asociacións profesionais de danza, parados, estudantes e carné xoven)
Perfil do participante: profesionais de artes escénicas e performativas con nivel avanzado.
 

Janusz Subicz

Resumo do taller: O taller é un traballo de improvisación que culmina nunha composición individual inspirada por un soporte musical. Da análise dos movementos, incluíndo os xestos da infancia e da vida cotiá xurde a emoción, a fantasía. A utilización dun soporte musical permite unha interpretación, unha coloración específica á creatividade de cada persoa dándolle un ritmo propio. A meta será un estudo en si mesmo na dimensión escénica, apoiándose nos coñecementos, no pasado de cada un, sexa bailarín ou actor. Toda experiencia neste ámbito será benvida.

Clase, training, quecemento; aprendizaxe, variacións e traballo sobre a técnica, composición e improvisación.
 
Profesor:

Janusz Subicz

Janusz naceu en Varsovia no ano 51, estivo nove anos estudando na Escola Nacional de Ballet de Varsovia. En 1971 ten o seu primeiro contrato no "Grand Théâtre" de Varsovia. Traballa como bailarín na Ópera de Marsella, no Ballet Teatro Contemporáneo de Angers, na

Nurkil Dance Company con técnica de Martha Graham (Paris), con Peter Gross en París, con Yuriko en EE.UU. (Técnica Martha Graham), con Betty Jones e Fritz Luden técnica – José Limon USA e na compañía de Twayla Tarpp – con "Twayla Tarpp Dance Company" NY. USA. É bailarín da compañía de danza de Pina Bausch dende 1979–94. Janusz leva quince anos no – "Wuppertaler Tanztheater – Pina Bausch".

 
Inscrición

Datas e lugar de: Do 4 ao 25 de maio
Horario de 9:00 a 14:00 horas,
Centro Coreográfico Galego.
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña.
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Tel: 981 13 49 46 / Fax: 981 13 82 94

 

Documentación necesaria para formalizar a matrícula

— Encher o modelo oficial
— Achegar C.V.
— Fotocopia de DNI
— Fotografía tamaño carné
— Para o desconto: fotocopia carné estudante, desempregado ou xustificante de pertenza a calquera asociación profesional de danza.
— Xustificante do ingreso bancario.

 
Lugar

Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n A Coruña
 

Inscrición e información

Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña
Tel: 981 13 49 46 / Fax. 981 13 82 94
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Horario de 9:00 a 14:00 horas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s