E a min encántame a vida…

O Fiadeiro en Rois

O vindeiro sábado, 9 de xuño, ás 21.30, o grupo artístico da A.C.F. O Fiadeiro, de Vigo, representará a súa "Gala de X Aniversario" no Concello de Rois. O espectáculo resume os dez anos de presencia da agrupación viguesa nos escenarios, a través dun percorrido polas pezas que durante este tempo levaron a O Fiadeiro a constituirse como unha das entidades de referencia no baile e música tradicionais do país, pezas todas elas gañadoras de varios primeiros premios en diferentes concursos organizados en diferentes puntos de Galicia.
Baixo o título xenérico de "Esta noite hai unha fía", co cal se desenvolve o espectáculo que O Fiadeiro estrea cada dous anos, músicos e bailadores desenvolverán escenas elaboradas a partir do material recollido en traballos de campo realizados por toda a xeografía galega. Por esta razón a gala pode considerarse representativa da riqueza e variedade da expresión artística da nosa tradición, o cal se fai máis evidente ao tomar en consideración que cada peza é interpretada co traxe tradicional da zona na que foi recollida.
O evento, que conta co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dará inicio ás dez da noite e terá unha duración aproximada de unha hora e corenta minutos, tempo durante o cal vinteoito bailadores, sete pandereteiras, cinco pandereteiros e oito músicos farán aparición no escenario.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s