E a min encántame a vida…

“ALALÁ” recolle o premio da Academia de Televisión

Nunca é tarde. Esa é a lección dunha experiencia persoal, a de Pilar García Rego, e de case ano e medio de emisións de Alalá, que apareceu na pantalla da TVG con vocación de recuperar parte dunha densa tradición musical, a memoria coral dun pobo. Nunca é tarde, di Pilar, para coñecer aldeas de Galicia e os recunchos do país exterior; nunca é tarde para sentarse a escoitar a xente maior, historias sobre como se viviu, como se cantou no traballo e na festa. A finais do 2005 a TVG encargou a Pilar García e a Senén Bernárdez un proxecto para dar a coñecer as raíces da música tradicional galega. Polos corredores de San Marcos, caras de estrañeza. En febreiro do 2006 botou a andar Alalá. E sorpresa. Un público heteroxéneo. Nenos, adultos na trintena, telespectadores urbanos, nun horario competitivo os martes e os domingos. «Non, non o contabamos. E enriba as críticas foron boas». E chegaron os premios. Agora o da Academia. ¿Qué fai Alalá entre Buenafuentes e espazos deportivos? «Iso digo eu», responde Pilar. Nunca é tarde, pensa. O acerto de Alalá, explica, é que se pode contar un país a través das súas cancións. «O segredo e recuperar o costume de escoitar, de sentar a xente maior coa nova, de devolverlles os lazos». E o orgullo, engade Pilar, «o deses gaiteiros que se poden sentir outra vez estrelas da festa». Percorrendo o país co equipo de gravación na man, Alalá vai facendo o inventario das cancións esquecidas, póndolle voz e rostro aos sentimentos «e descubrindo a soidade e o abandono na que vive moita xente maior». Alalá volverá a reunir aos seus protagonistas estes días no Teatro Colón da Coruña para gravar dous concertos que se emitirán en agosto.
 
Noticia publicada en La Voz de Galicia o 09/06/2007
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s