E a min encántame a vida…

Ía ser un fin de semana traquilo…

Pensaba que ía ser un fin de semana tranquilo…
Ensaios como sempre, sen presas , unha peli o sábado á noite. Só unha pequena actuación o domingo á mañá e nada máis.
A tarde do domingo ía estar destinada ó descanso, ata que Iván me comentou os seus plans :"Imos ir ó bar a ver a carreira, e despois xa quedamos para o partido, que Lino vai poñer no proxector ó Madrid e na tele ó Barça. Vaise montar a de Dios!".
Ben. O da carreira non era tan malo; tamén me apetecía. Pero o do partido…
Pensei que esa noite ía quedar sen tímpanos… Iso si, Iván pode presumir de ter uns veciños con moita deportividade porque, a pesar da tensión que se palpaba no ambiente, non houbo nin un só incidente e todo o mundo se trataba de maneira moi cordial, incluso despois do partido.

 

Pero o "peor" chegou despois: "Hai que ir a Ponteareas a celebralo". Non lles chegaba con botar foguetes na parroquia, que había que ir ó centro da Vila veciña a montala. Pois si.
Cando chegamos démonos conta de que non foran os únicos da brillante idea… Menuda caravana de coches! Todo o mundo coa cabeza fóra do coche berrando e tocando o claxon. Bandeiras e berros de ánimo ó campión de Liga, que acabaron reuníndose diante do Concello a pasar de que chovía.
Pensaba deitarme cedo pero xa se me fastidiara o invento, así que me puxen a inmortalizar o momento. A grandes males, grandes remedios. Pero tarde para a cama igual.
Menos mal que xa rematou a Liga!
Advertisements

Unha resposta

  1. Manu

    Ehy hola te he vsto en espacio actulizados y he decidido entrar y ver tu espacio y tambien escribirte que esta mu guay yo tengo un blog de dedicao a david beckham si quieres te pasas y me escribs algo ok un abrazo aqui te dejo el enlazehttp://davidbeckhamstylo.spaces.live.com pd:esto no es broma es un espacio como otros ir pasandolo please

    20 Xuño, 2007 ás 14:19

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s