E a min encántame a vida…

Menudo verán… (Parte 1)

Como non podía ser doutra maneira, este verán está a ser, entre outras cousas, moi movidiño. Isto de ir de "excursión" está ben un día ou dous, pero tantos… xa roza a tolemia.
Que se en Murias un mércores, que se en Ribadavia un domingo, que se en Covelo un martes, que se en Muxía un sábado… vou mercar eu un autobús!
A verdade é que "sarne con gusto non pica, pero mortifica". Aínda que con tanto viaxe está a ser o verán das anécdotas: ataques de apendicite, hostións coma mundos contra o chan, "e azín zucezivamente…"
Pero é que se a iso lle sumamos as festas familiares, parroquiais e de todo tipo ás que parece que teño a obriga moral de asistir (porque senón quedo coma unha "renegada de la vida") pois xa non sei que parece a miña axenda, chea de coloríns por todas partes.
Haberá que facer unha valoración final unha vez pase o mogollón, e polo que parece, vai ser longa.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s