E a min encántame a vida…

SITUACIÓN ACTUAL DO CONSERVATORIO FOLC EN VIGO

Como ben saberedes existe unha fonda preocupación polo futuro do Conservatorio folc da Escola de Artes e Oficios de Vigo, xa que non hai data para o comezo do novo curso.

Esta situación de inseguridade repitese ano tras ano cando chega á época de contratación dos mestres, pero este ano hai un problema engadido…cambio de normativa.

Até este ano para evitar a concatenación de contratos os mestres eran contratados polos meses do curso e despois mandados ao paro, para ao comezo do curso seguinte voltar sacar un novo procedemento de contratación por méritos e volver contratar novamente.

Así tiñan a Xaquín Xesteira, Anxo Pintos, Chisco, Alfonso, Xosé Liz,…

Pero a normativa tense modificado:

Se un primeiro contrato estaba vixente a partir do 15 de xuño de 2006, data de entrada en vigor da nova normativa, os traballadores que nun periodo de trinta meses estivesen contratados durante un prazo superior a vintecatro meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo posto de traballo coa mesma empresa, mediante dous o máis contratos temporais, sexa directamente ou a traverso da sua posta a disposición por empresas de traballo temporal, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores fixos.

(art. 12. dous do R.D. Lei 5/2006).

Resumindo: A administración ten un problema, non pode ter contratada para un mesmo posto a unha persoa se pasa contratado ao menos 24 meses nun periodo de 30, tería nese caso que facela interina e sacar o posto a proceso selectivo para cubrir a praza fixa… cousa que non debe interesar…hai cartos para outras cousas pero non para a Escola de Artes e Oficios.

Semella que houbo falta de previsión pola Administración e non tiñan preparada ningunha solución alternativa.

Á concentración de onte acudiu a concelleira de educación para informarnos en persoa:

-É unha situación herdada da anterior Corporación…claro
-Vender a moto do moi preocupada que estaba…
-As clases comezarán en novembro (non puido concretar máis a pesares de que é os prazos administrativos teñen pinta de alongar máis o proceso)
-Hai unha solución legal para a contratación dos mestres, pero non podía dicila!, veu dicir o Xefe de Servizo que non a entenderiamos…Impresionante!! (rebumbio xeral na sala)
-Ía ter unha reunión posterior cos mestres para informalos da situación…seica os mestres tampouco sabían nada.

A miña impresión é que esta mobilización colleunos sen ter moita idea de como solucionar o tema e sen saber como van respirar mestres e alumnos as distintas posibilidades de contratación neste ano dos mestres.

Acordouse continuar as mobilizacións centrandonos na continuidade das clases, a necesidades de que estas escomecen o antes posibel sen máis retrasos, unha maior claridade no que está a suceder e na mellora das condicións da Escola.

Vindeira mobilización:
17 de outubro
(día de escomezo das clases para o resto de aulas da Escola de Artes e Oficios),
ás 20:00 diante do Marco (rúa Principe),
desta vez con instrumentos

POR UNHA ESCOLA CON PROXECTO DE FUTURO!!!

 
Fonte: Malmequer
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s