E a min encántame a vida…

Menudo verán… (Parte 2)

Aínda non comezara coas miñas "vacacións" e xa estaba a meterme noutra das miñas… Como se non fora suficiente coa chea de actuacións que tiven todo o verán. Pero non podía dicir que non… un concerto de SonDeSeu en Jaca? Por suposto! (co seu previo en Porriño).
Así que, cando quixen darme conta, xa estaba de novo embebida pola rutina diaria, xa comezaran as clases na universidade, xa voltara cos meus folclóricos alumnos, e malamente tivera un par de días libres nesta tempada.
Todo o mundo morenísimo de torrarse na praia e eu branca coma a cera. Que lle imos facer se non puiden pisala nin un so día. Se ía sol eu choiaba, e sempre que tiven un rato libre choveu. Mira que xa son coincidencias!
Pero como non todo vai ser autocompadecerse tamén haberá que facer análise do positivo… supoño. Hei de dicir que tiven a sorte de "traballar" nunha das cousas que máis me gusta, que disfrutei coma unha enana en máis dunha ocasión disto de estar enriba dun escenario, e que a próxima vez vou ter que planificar mellor o meu tempo (como non, tema recurrente).
Agora toca coller folgos para o novo curso.
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s