Os Reis
Os Reis Magos deste ano viñeron todo o xenerosos que puideron dentro das súas posiblidades nalgúns dos casos; iso é algo comprensible.
Pero esa mañá, a de Reis, mentres todo o mundo durmía plácidamente despóis dunha noite de festa (que algúns celebran case coma fin de ano), a min e máis un grupiño de irreductibles rapaces amantes das cousas da terra tocounos levantarnos para bailar un pouco (aínda que eu só fos de reporteira gráfica e apoio loxístico).
O resultado? Unha mañá na que xa non choveu, un grupo de veciños que recordaron vellos tempos cun sorriso nos beizos, e a sensación dun traballo ben feito.
Xa durmiremos outro día!
Advertisements
Deixar unha resposta