E a min encántame a vida…

Esperar…

Cada día que pasa vexo que é moi certo iso de que o tempo pon cada cousa no seu lugar.
Sempre tiven a necesidade de controlar todo o que fago ou vivo. Por primeira vez deixeino correr e parece que o río volta ó seu cauce natural por vontade propia.
Non deixan de ser angustiosas as esperas, e todo o mundo che di que son procesos polos que é necesario pasar, que de todo se aprende nesta vida, que te farán máis forte todas esas experiencias que só se ven negativas.
Eu mesma son das que digo todo ese tipo de cousas, pero recoñezo que é difícil levalas á práctica. Estaremos entón todos preparados para dar e recibir consellos? En moitas ocasións non queremos escoitar o que nos teñen que dicir.
Pero sen dúbida hai algo ben certo, trala tempestade sempre chega a calma.
Uff, que paz! Alomenos momentánea.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s