E a min encántame a vida…

Fin de semana completo…

Comezamos cun venres animado.
Inaugurábase un novo local copas en As Neves. E claro, como os pinchas non eran outros que Pablo e Keñi, pois houbo que ir e botar uns bailes. Houbo quen se animou tanto que acabou na tarima do local.
O sábado tocaba festa de novo, pero desta vez máis tranquila, alomenos para min. Mely cumpría anos e había que celebralo. E que mellor maneira que cun bo churrasco, con xabarín incluído. Aínda que como o domingo había responsabilidades tocou marchar relativamente cedo para casa.
E o domingo… folclore, para non variar. Tocaba ir con "Os Muíños de Oliveira" a San Xoan de Longos Vales, Monçao. Despois de un par de horas de espera (tal vez máis) tocounos bailar nun palco que non paraba de saltar cos chimpos dos bailadores.
E aínda quedaban folgos para máis, pero non tempo material. A ver se o próximo fin de semana cunde tanto.
 
Fotos da actuación de "Os Muíños de Oliveira" en http://osmuinhosdeolivera.spaces.live.com
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s