E a min encántame a vida…

Ponte longa…

…e tanto, porque deu para moito.
Comezamos o xoves á noite coa cea da Peña 21, que deu moito de si: dardos, karaoke, partidillo de fútbol, piscina e un churrasco de luxo.

DSC01348

O sábado, a resaca de tanta festa (que non de alcohol, que todo o mundo sabe que eu non bebo) tívonos atontados case ata as 6pm, pero ter o funcionamento cerebral ó 50% deu para recoller quentar a comida e durmir a sesta ou xogar ás cartas; ó gusto do consumidor.
O venres á noite tivemos cea de novo, esta vez menos numerosa, pero non menos deliciosa. O causante da segunda papatoria? un dos tíos de Iván, que tiña ganas de festa. Nós preferimos quedarnos na casa vendo unha peli, que aínda estabamos acusando o da noite anterior
O sábado tocou saír de marcha, pero primeiro collemos forzas na Fraga do Velahí. Logo festa por Ponteareas e As Neves con Perrecho e Cris, que había que aproveitar ben a súa visita.
E o domingo… pois máis festa, que miña nai estaba de aniversario. Nunca vira medio século tan ben levado!
Esperemos non ter gastdo os folgos todos neste fin de semana e quede algo para o que entra.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s