E a min encántame a vida…

De vacacións… por fin!

Sempre pasa o mesmo: mentres traballo vai un sol tremendo e agora, que por fin estou de vacacións, parece que Lorenzo me colleu manía e non ten pensado aparecerse por aquí. Se a iso lle sumamos que parece que tódolos achaques veñen cando se ten tempo de pensar neles… Unha desgracia!
Para nada, se o que a min me sobra é positividade! Relax, relax e máis relax, son os meus plans para este mes. Iso e máis preparar algún que outro exame para setembro se me atopo con ánimos (que si, oh!).
Ains, polo pronto este mes vai ser o dos compromisos artísticos, actuación por alí e por alá, e festas en non sei onde, etc. Quedaránme folgos? malo sexa! Que aínda teño que repartir o tempo con Iván, os amigos, a familia… uf! que estrés só de pensalo! Ala, a descansar!
 

 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s