E a min encántame a vida…

Gracias vida!

Esta está a ser unha época chea de cambios… experimento a independencia, teño un traballo estable e comezo novos proxectos artísticos, xa de maneira máis regular.
Por un lado está a creación dun novo grupo de baile e música tradicional. Todos temos moita ilusión nesta nova andaina, ganas de traballar pero tamén de festa. A verdade é que dá gusto traballar con compañeiros coma estes.
Co meu "compañeiro artístico", Keñy, comezan a saírnos algún bolo que outro e iso tamén é algo moi positivo. Non todo van ser xotas e muiñeiras. Traballar con composicións propias é algo excitante, e resulta moi satisfactorio ver que á xente lle están a gustar.
No traballo, aínda as condicións poderían ser mellores…, teño bastante sorte, porque tanto os compañeiros coma os meus "superiores directos" son xente estupenda.
E na casa… despois de dous meses… sigo igual de ben que cando comezamos!
Todo maravilloso, si, aínda que pareza pasteloso. Porque se me poño a comparar a miña vida coa de moita outra xente doume cun canto nos dentes e agradezo a sorte que teño. Teño traballo, fago actividades que me satisfacen e me enriquecen, e convivo coa persoa coa que quero estar. Que máis podo pedir?
 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s