E a min encántame a vida…

Actualizándome…

Uf… moito tempo sen publicar nada… e parte da culpa tena o facebook, porque é máis rápido e porque todo o mundo está conectado a esa rede…
Pero tamén é certo que non me dá pé a explaiarme tanto. Así que para análises trascendentáis mellor isto.
E é que hai novidades, porque a "xira" de Traspés, o noso novo grupo de baile, xa comezou. Por suposto, coma todas: actuacións pequenas e algún concurso, pero moi divertidas porque todos temos unhas ganas de festa tremendas!
E na casa… pois moi ben! A emancipación é algo moi recomendable. Aínda que todos sabemos que os cartos non sobran e hai que apreta-lo cinto, non o cambio por nada do mundo…a tranquilidade, estar ó teu aire, e todas esas cousas, son algo que non se paga con diñeiro ningún. E quen o vive sábeo moi ben.
Polo pronto, por fin vou ter unha semana santa tranquila, traballando só dous diíñas, e podendo descansar por fin! Así que, empezando polo día de hoxe, que non traballo porque é festivo en Vigo, apago isto e a limpiar e cociñar rapidiño para disfrutar da tarde!
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s