E a min encántame a vida…

Con poucas ganas de contar…

E é que últimamente os acontecementos non acompañan.

Si, coma en todo, pasan cousas positivas, pero que non se poden desvelar ata que estean atadas de ben atadas.

Outras veces son tantas as malas novas e os desencantos que se che quitan as ganas de falar. Coma nun cruce de camiños atópaste querendo saber se deixarte levar cara o negativismo ou, pola contra, tirar para outro lado e ser positivo.

Por un lado están os novos proxectos, que sempre ilusionan. Aportar ideas e traballar sempre foi algo que me gustou porque me gusta sentirme útil. Pero tamén é certo que hai quen logo fai o que lle dá a gana con elas e ti pregúntaste: ” e para isto movín?”. Que rápido lle quitan as ganas a un de facer nada! Pero isto é coma “El perro del hortelano”, que nin come nin deixa comer. Canto teñen que aprender algúns, pero o que non ve…

Por outro lado tamén está darte conta de que a túa sorte non sempre depende de ti. Porque ás veces hai xente que se arrisca demasiado por gusto e leva por diante as ilusións doutras persoas. E non é que me pase a min directamente, pero si a xente cercana que che doe ver en determinadas situacións pola temeridade de outros. E é que a vida é un ben moi preciado que non todos saben valorar.

Pero tamén penso en que temos, cos nosos actos, a posibilidade de cambiar a nosa sorte e a dos demáis e que ese poder mal xestionado pode ser perigoso, pero con el tamén se poden facer grandes cousas. Así que por que non utilizalo deste último xeito?

Aí queda dito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s