E a min encántame a vida…

Hoxe lembreime de ti…

… non é que non te recorde a miúdo, pero buscando entre as fotos de hai un par de anos non deixabas de aparecer en unha ou outra e non podo evitar poñerme un pouquiño triste. Deixaches un baleiro importante, sabes?

En todo este tempo, dende que non estás, cambiaron algunhas cousas. Nada que non saibas, porque supoño que dende onde estás veralo todo.

Suponse que os malos momentos unen ás persoas, pero no noso caso foi todo o contrario. As distancias non fixeron máis que crecer dende que ti non estás. Levámonos algún que outro chasco, Iván máis ca min; vese que hai quen está máis curtido nisto das “relacións sociais”. E iso non fai máis que acentuar esta perda, aínda que non sexa tan grande como as de outros, pero que ás veces doe tanto coma se o fora.

Neses momentos é cando boto en falta que alguén coma ti estea por aquí… quixeramos compartir tantas cousas contigo… pero xa hai tempo que non podemos. Cheguei a adicarche unha canción, sabes?.. a ti, e a outra “personiña” que marchou algo antes. Rematareina algún día, e cantaréivola para que a escoitedes os dous. Aínda que seguramente xa saibades de que vai a historia, ou non?

Teño dúbidas… Se penso en que me ves vou en contra de todo o que predico e, se penso que non, para que carallo me molesto en escribirche??? Se xa non estás en ningures nada disto ten sentido! Só sería a maneira egoísta de liberarme do meu sentido de culpabilidade por non dicirche todo o que pensaba cando si podías escoitalo, por non recordarte a diario, por non extrañarte todo o que supostamente debería.

Si, tal vez sexa só iso, egoísmo. Que raro, non? Algo tan característico do ser humano non pode deixar de aparecer nin sequera nun momento coma este. A nosa dor por encima da dos demáis, a nosa pena, o noso recordo, a nosa nostalxia por encima da do resto do mundo. Estás dacordo comigo?

Ou tal vez sexa só un intento de alimentar a esperaranza de que marcharse non é realmente a fin. Que cando me toque a min irme ti, e toda esa xente que quero, estaredes a esperarme para que non poida extrañarvos nunca máis…

Advertisements

2 Respostas

  1. je

    Se xa non estás en ningures nada disto ten sentido!….. sen palabras….

    4 Abril, 2011 ás 15:40

  2. CARLA GROBA

    o mismo …………………………………………….

    30 Setembro, 2011 ás 17:35

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s