E a min encántame a vida…

Conflicto

Levaba meses pensando e falando de cambios e, agora que precisamente se están a dar, teño semellante desorde de pensamentos na cabeza que non sei a cal deles facerlle caso.

Todos os cambios son duros, tanto os bos coma os malos, pero este estame a resultar lixeiramente complicado. O que eu quero e desexo mestúrase co que realmente necesito e me convén inundando a miña pobre cacholiña de barullo. E aínda estou neses días nos que non consigo distinguir tóda-las voces de entre tanto ruido.

Sei que, segundo vaian transcorrendo os días, algunhas voces se apagarán por si mesmas, e conseguirei establecer cales son as miñas prioridades reais… uf! Canto tempo confundíndoas!

Pero custa; custa moito dárse conta de que os esforzos e sacrificios feitos durante todos estes anos se quedan en nada cando quen os debería valorar non o fai. Perdín o tempo? quen sabe? Eu penso que non, porque de todas as experiencias da vida rematas por sacar algunha lección positiva.

E agora… a disfrutar de min mesma e a ser egoísta por un tempo, que xa será el finalmente, quen coloque cada cousa no seu sitio.

Advertisements

Unha resposta

  1. Vane.

    Hai decisións que son duras de tomar pero tomes a que tomes será a correcta para ti. Poida que tomes un camiño que non prevías que fose así, que penses que é o incorrecto, que non sexa do teu agrado, pero seguramente será o que che fará aprender da vida…tanto se sale ben como mal. O ben beneficiarate e o mal curtirate. De todo se aprende, sempre!

    Tes que aprender a por prioridades na vida, diferenciar do racional do irracional, do que debes facer do que tes que facer…do que pensa a cabeza e do que che dice o corazón. As veces son contradictorios, pero por experiencia sei que hai que facerlle caso ao corazón, porque se este está mal, ti te sentirás mal e non podrás vivir en paz contigo mesma…por iso, eu persoalmente actúo co corazón antes que a razón…ainda que sexa unha locura! Arriesga e vive! non sempre hai que pararse a pensar…porque nese intre pódeste perder a oportunidade da túa vida 😉

    aplicate o que me dixeches unha vez…abarca menos e disfruta máis 😉

    para o que necesites, aquí estamos

    Biquiños!

    18 Xullo, 2011 ás 11:51

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s