E a min encántame a vida…

Vísteme despacio que teño presa…

… ou iso di o dito (sirva a redundancia).

Porque algo que aprendes co paso do tempo é a tratar de facer as cousas ben, leve o tempo que leve… sobre todo cando tes unha pequena e te decatas de que calquera decisión que tomes agora pode afectarlle no seu futuro.

Volver estudiar foi unha das que non me custou demasiado, diso xa hai dous anos, pero cando a tomei non tiña idea do que me ía vir polo camiño, así que tocou tomalo con máis calma da que o faría noutro caso porque a prioridade xa non era eu. Candela viña para revolver o meu mundo pero, sobre todo, para ensinarme moitísimas cousas: que todo sucede no seu xusto momento, que hai que aproveitar cada instante que che da a vida coma se fora o último porque non se vai volver repetir e que a paciencia é unha virtude imprescindible!

Hai case ano e medio vivía unha das épocas máis convulsas da miña vida, chea de grandes e difíciles decisións, chea de incertidumes. Unha transición e toda regra. Pero foi o momento no que entendín que tiña que comezar a “vivir” o resto da miña vida.

Vivir, si; porque levaba moito tempo vivindo a que outros querían ou pensaban que eu tiña que levar, pero non a que me enchía nin me facía feliz. Así que tocou agarrar ó touro pola cornamenta e plantarlle cara a todas aquelas cousas preestrablecidas por aqueles que non se molestaron en coñecerme realmente; se non que trataron de facerme á medida dos seus estándares.

E aguantei o tempo que aguanta un paxaro enxaulado, que tarde ou cedo consegue escapar e recuperar a liberdade para poder voar.

Pode parecer egoísta pensar en liberdade cando teño unha responsabilidade tan grande cunha vida que eu quixen traer totalmente consciente do que facía… pero precisamente por iso mesmo foi. Porque me sinto libre para ensinarlle á miña pequena a quererse e facerse a si mesma, a loitar polos nosos soños e a poñer paixón en todo aquilo que facemos, a amar sen renunciar a si mesma, a valorar a quen te valora, e tantas outras cousas que eu esquecera, ou máis ben aparcara, e que voltei recuperar con máis ganas que nunca…

Non me arrepinto do vivido, porque o fixen convencida de que era o que tiña que facer naquel momento e porque me deu o regalo máis valioso que teño, o que hoxe me motiva e me guía.

E estou agradecida por todo o que aprendín, porque me trouxo ó momento no que estou agora, feliz coa miña pequena, e feliz tamén por atopar un compañeiro de viaxe que realmente me acompaña, me valora e me motiva a crecer e a mellorar cada día.

Porque todo sucede por un motivo, e os meus teñen nome e apelidos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s