E a min encántame a vida…

As miñas viaxes

Na Expo da auga…

Foto0071

… e nunca mellor dito; porque foi chegar a Zaragoza e pasear á chuvia.
Non houbo tempo para nada, pero o "monigote" máis televisivo da expo estaba diante do Palacio de Congresos e polo menos nos sacamos unha fotiño.

De Rallycross

 
Menuda panda de lisiados… pero como quen conducen son outros…

 

Pois iso, que a pesar dos males de algúns de nós, a fin de semana fumos ver o Rallycross a Lousada.
Mandamos unha avanzadilla diante, porque algúns tiñamos que cumprir responsabilidades o sábado ata tarde, pero o que vimos o domingo chegounos para pensar que a viaxe pagou a pena, e os 20€ de entrada tamén.
Aínda que o pouco que gravei non é gran cousa, podo asegurar que houbo espectáculo.
E de paso, estreamos as camisetas da Peña 21, que para algo as fixemos, non?
Non hai dúbida, para o ano voltamos! Seguro.

Barcelona, alá imos…!

Barcelona1

 
Con motivo do XX Aniversario da Casa Galega de L’Hospitalet, unha vez máis me embarco nunha desas viaxes temerarias de moitas horas en bus e malamente día e medio de estancia co Fiadeiro.
Desta vez vou voando, polo menos á ida. Pero é só exclusivamente por motivos laborais. Así que me deixarei caer por Barcelona esta noite, aínda non sei se nunha aterrizaxe normal ou en paracaídas; dependerá do que me apeteza no momento (ja ja ja, ía ser un conto…).
Actuaremos mañá a iso das 6pm ante unha chea de xente, ou iso din. Penso que desta aínda non me farto de folclore.
Déixovos unha foto aérea de L’Hospi (como algún nmortalizou na súa camiseta…) par que a admiredes.
E eu, como di miña "nai postiza", despídome con "bicosmil" ata á volta.

hospitalet_de_llobregat_ag1


Imos queimar goma…

De novo ides pasar uns días sen verme por aquí. E ¿por que?. Pois porque me vou ó Algarve ó Mundial de Rallyes en Terra.
Xa eran anos viaxando sempre por responsabilidades… que se festival alí, que se actación alá, que se choio en non sei onde…
¡Pero esta vez fago a maleta porque me da a gana!
Espero poder traervos unha boa reportaxe fotográfica cando volva.
Un saudiño a todos.

¡Menuda Viaxe!

Había tempo que non me divertía tanto nunha viaxe; de feito podo dicir que a experiencia foi INESQUECIBLE.
Nunha semana en Venezuela coñecimos a xente de Colombia, Perú, Cuba, Santo Domingo, Brasil, etc.
O trato que recibimos foi exquisito e debo felicitar a tódolos guías que estiveron con nós polo seu traballo e a marabillosa compañía.
A todas esas persoas que me convertiron esta viaxe nun paraíso lles digo: ¡GRACIAS!.

A Venezuela…

¡Canto estrés!: En tres días despego co grupo de pandereteiras de O Fiadeiro rumbo a Venezuela…
Todo o mundo me di que teño moita sorte: <¡Guau, tía! ¡Unha semana a gastos pagos!>; pero é que queda un pouco lonxe, e a viaxe é moi longa, e Caracas é perigosa, e… ¡Vale xa! Saquémoslle o lado positivo: que me marcho unha semana case de vacacións con colegas. Xa vos contarei o que me pase por aquelas terras á volta. A ver se podo traer un documento gráfico guapo.

Xa estou de volta

Hola de novo. Xa estou na casa.
Depois de 10 longos días fóra parece que as augas volven o seu cauce.
A viaxe non foi todo o idílica que eu esperaba, tal vez porque xa ía condicionada polas miñas circunstancias personais, pero si podo dicir que houbo bos momentos.
Lorient non he unha cidade bonita, pero durante os días de festival ten o seu encanto: as rúas cheas de xente de todas partes, música en directo nas rúas do centro e un gran mercadillo de no que podes ver cousas de todo tipo.
Este ano adicáronllo a Australia, pero non me atrevín a probar a carne de canguro que nos ofrecían, non fora a ser…
Tivemos tempo para facer un par de excursións por algúns lugares da Bretaña, dos que tamén hai fotos. Cando me pasen as que me faltan prometo que as publicarei.
Polo pronto espérame unha temporadiña na casa, intentando relaxarme un pouco e estudiar para os exames de setembro, que ó fin e ó cabo non queda tanto para que cheguen.
Un abrazo e gracias pola vosa fidelidade.