E a min encántame a vida…

Concursos

X CONCURSO DE TARTAS CASEIRAS

A Asociación Cultural "Os Muíños de Oliveira" celebra, como cada novembro, o xa popular "Concurso de Tartas", que chega á súa X edición. Este ano terá lugar o domingo 25 de novembro ás 18:00h na sede da asociación en Santiago de Oliveira (Ponteareas).
 
Os premios otorgaranse segundo as seguintes categorías:
1º, 2º e 3º – Degustación
1º, 2º e 3º – Presentación
1º, 2º e 3º – Infantil
 
Nesta ocasión o Xurado estará formado por:
Pilar Alonso Suárez e Daniel González, da Escola de Hostalería "Harina Blanca" de Vigo
María José Viana González, directora da Escola de Hostalería "Emprendex" de Tui
 
Os premios foron doados polo Exc. Concello de Ponteareas e por distintas casas comercias da zona (para eles vai este agradecemento pola colaboración prestada).
Coma sempre, trala entrega de premios, o público asistente poderá probar as obras culinarias presentadas ó concurso.
A festa estará amenizada polo grupo de música e baile "Os Muíños de OLiveira".
 
Esperámosvos para o veredicto máis importante: o voso.

DSCF0002


II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira

Pechado o prazo de inscrición para o II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira; a relación de grupos participantes poderedes atopala nas seguintes direccións:
 
Para calquera dúbida, nestes mesmos enlaces atoparedes as direccións e teléfonos de contacto.

II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira

A A.C. Os Muíños de Oliveira organiza o seu II Concurso de Pandereteiras/os o domingo 22 de abril na vila de Ponteareas (Pontevedra).
Todo aquel que queira consultar as bases poderá facelo nas seguintes páxinas:

Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía de Arousa 2007

A Asociación Cultural Malveiras organiza de novo este ano o Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía de Arousa o día 26 de maio no Auditorio.
O prazo de inscrición para dito certame remata o día 10 de abril.
PARA  CALQUERA  DÚBIDA  PODEN CHAMAR  Ó  TELÉFONO:
607 606 312  Xose Eiras
(mandar por e-mail malveiras@malveiras.com ou fax ó 986512017 solicitar
conforme recepción). 
 
As bases, os datos necesarios para a inscrición e o cartel do concurso están dispoñibles en http//osmuinhosdeoliveira.spaces.live.com/

I Concurso de Pandereteir@s da S. C. Os Muíños de Oliveira

Quixera recordarvos a todos que o día 30 de Abril se celebra en Ponteareas o I Concurso de Pandereteiras/os organizado pola S. C. Os Muíños de Oliveira.
Todo aquel que queira información ou estea interesado en participar pode solicitalo na dirección pandereteiras_oliveira@hotmail.com, ou visitar ou seu blog. Na miña lista tedes o enlace.
O prazo de inscrición remata o día 10 deste mesmo mes.
Nada máis.

Xornadas de Baile e Música Tradicional

Como xa ven sendo costume por estas datas Interfolc celebra cada ano, en colaboración co Concello de Vigo, asXornadas de Baile e Música Tradicional do Concello de Vigo.

As eliminatorias tiveron lugar os días 5 e 6 de novembro, pero á final será o próximo día 20 (domingo) ás 20h. As entradas poderán recollerse na Concellalía de Animación Sociocultural e Festas e son gratuítas.

Para todo aquel que queira ter a oportunidade de ver a uns dos mellores grupos de Galicia encima dun bo escenario que non falte á cita. "Fusos e Rocas" e "O Fiadeiro", ambos da A. C. F. O Fiadeiro, estarán nesa final.

Paga a pena.

Alí vos espero.