E a min encántame a vida…

Cursos

CURSOS O FIADEIRO 2007/2008

Podedes obter información pormenorizada dos cursos poñéndovos en contacto connosco de luns a venres de 10.00-13.00h. e de 17.00 a 21.00 nos seguintes contactos:  

A.C.F. O Fiadeiro

R/ Camiño do Pombal Nº 38-baixo

Tf: 629 585 355 – 986 253 585

ofiadeiro@ofiadeiro.com

 

 

Área de Movemento.

 

Baile Tradicional.

 

Para poder botar un baile na infinidade de festas e seráns da nosa terra. Para tódalas edades.

Baile Moderno

Para ser os amos e donas da pista…

Danzas do Mundo.

 

…Diferentes formas do folclore do mundo, variedade e disfrute da tradición dos pobos…

Ximnasia Mantemento.

 

…mellora e mantemento das capacidades físicas (forza, velocidade, resistencia, flexibilidade, etc.) dende unha perspectiva de saude e calidade de vida.

Aerobic.

 

Actividades aeróbicas cun soporte musical, para manterse en forma e tonificarse.

Relaxación.

 

Unha hora para desconectar da rutina e do estrés diario con traballo de respiración, estiramentos, relaxación, hixiene postural, etc…

Xogos e Recreación.

 

…todo tipo de xogos (modernos e tradicionais), e predeportes, cun único obxectivo: ¡¡¡ divertirse!!!

Bailes de Salón e ritmos Latinos

…sempre de moda, Valses, Pasodobres, Cumbias, Cha cha cha…

3ª Idade

…adquisición e mellora de capacidades como a coordinación, motricidade, orientación espacial, equilibrio…

  

Área de Música.

 

Gaita.

 

O noso instrumento Rei… Ven e descúbreo

Acordeón.

 

Un dos máis completos instrumentos agora, o teu alcance

Percusión Tradicional.

 

Todo tipo de percusións tradicionais, Tamboril, Bombo, Culleres, Tarrañolas, Cunchas…

Canto Tradicional.

 

Os sons máis antergos e arraigados da nosa tradición musical, e, como non, ¡¡¡A Pandeireta!!

Guitarra.

 

Para os amantes da música instrumental e folc,

Linguaxe musical.

 

Apoio teórico para aqueles que buscan un pouco máis

 

 Área de Artesanía.

 

Confección de Costura tradicional e Pasamanerías.

Patronaxe, confección e disfrute

Os modelos tradicionais máis auténticos…

Faino ti mesmo

Debuxo e Pintura.

 

Desenrola as tuas capacidades plásticas e expresivas mediante as diferentes técnicas deste arte.

Repuxado en Coiro.

 

… dende marcadores de libros ate un bolso e tamén… Unha funda de pandeireta

Manualidades.

 

…todos aqueles elementos  cos que te gustaría aderezar o teu fogar…

 


Charlas – coloquio

A Asociación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza por estas datas o ciclo de charlas – coloquio "Falando do noso" que comeza hoxe, día 4 de setembro.
A temática desta primeira é "Adolescencia e Educación Sexual".
Hora: 20:15h.
Lugar: Local social daAsociación de Centros Deportivos e Culturais. Rúa Ecuador, 34 Baixo.

PROGRAMA III XORNADAS INTERCULTURAIS

7 de maio :

Casa da Xuventude

19:30: Presentación das III Xornadas Interculturais.
20:00: Presentación da película "Invisibles" coa participación de Marian Rodríguez Blanco de Médicos Sen Fronteiras.

7 e 8 de maio:

Campaña de educación para o desenvolvemento e sensibilización social. "CONTOS DO MUNDO" de Solidaridade Internacional de Galicia, nos centros escolares : Ceip Cangas, Ceip Aldán, Ceip A Rúa, Ceip Hio, Colexio Eduardo Condal, Colexio Casa de La Virgen.

7, 8 e 9 de Maio:

SEMINARIO DE INTERCULTURALIDADE nas escolas de nais e pais dos centros escolares.

10 Maio:

Actuación grupo teatro LOCA-MOTORA coa obra : "Carlota e Marieta dan a volta o Planeta"
Auditorio Municipal, coa participación dos centros escolares Ceip Aldán, Ceip Cangas, Colexio Casa de la Virgen, Colexio Compañía de María.

10 Maio:

Taller "Comercio con-sentido" . Campaña de sensibilización sobre comercio xusto desenvolvida por Solidaridade Internacional de Galicia. IES Monte Carrasco, IES Rodeira, Ies María Soliño.

11 maio:

Auditorio Municipal

21:00 Cine club: "O Próximo oriente" dirixida por Fernando Colomo (2006)

12 Maio:

Alameda Vella

17:00 FESTA DAS CULTURAS: Xogos e obradoiros para nenos/as.
19:00 Obradoiro de djembé. Inscripcións na Casa da Xuventude.

18 maio:

Casa da Xuventude

17:00 Proxección de cine infantil: "Kiriku e as bestas salvaxes".

19 maio:

Alameda Vella

17:00 Obradoiro de danzas latinas.
19:00 Obradoiro de danza oriental.
Obradoiro de djembé

24-25 Maio:

Taller: Obxectivos do milenio: Pobreza cero. Campaña de sensibilización sobre a erradicación da pobreza extrema e a fame de "Axuda en Acción". Colexio Compañía de María, Colexio Eduardo Condal, IES Monte Carrasco, IES Rodeira , Ies María Soliño.

31 de maio:

Auditorio Municipal

11:00 Cineforum coa proxección de "¿Que se está cocendo? Dirixida por Gurinder Chadha (2000).

Maio:

Cineforum "O inmigrante" Charles Chaplin. IES Monte Carrasco , IES Rodeira.

Maio:

Obradoiros de interculturalidade. Colexio Compañía de María, Colexio Eduardo Condal, IES Monte Carrasco, IES Rodeira, Ies María Soliño.

Maio – Xuño:

Obradoiros de interculturalidade na Escola de Adultos/as

3 de xuño

FESTA INTERCULTURAL Alameda Vella a partires das 12:00 da mañá.

Gastronomía, música, talleres, demostracións

7 xuño

Auditorio Municipal

21:00 Cine club: "Off-side" dirixida por Jafaf Panah (2006)

18 xuño

: Casa da Xuventude

20:00 Presentación da película "China Blue" dirixida por Micha X. Peled e presentada en Galicia pola Ong Amarante.
 

EXPOSICIÓNS:

Do 7 ó 11 de maio

Comercio xusto (Cómic) . Casa da Xuventude

Do 7 ó 31 de maio

"A través dos teus ollos" Medicos del mundo SALASON
Exposición audiovisual "A cidade da diferencia" SALASON
"Palestina mulleres entre dous lumes" AMBIGU
Crisis olvidadas.Vidas ignoradas.Médicos sen fronteiras . Casa da Xuventude.
"Afica vive" Medicus mundi. Bar La Marina e A Borneira

Do 1 ó 15 de xuño

"Marrocos"
"O Islam e a cultura árabe" Centro Aragonés de Recursos para a Interculturalidade
Casa da Xuventude

Do 18 ó 30 de xuño

Roupa Limpa . Amarante CASA DA XUVENTUDE

 
Organiza:

Concello de Cangas
Concellería de Servizos Sociais
Concellería de Muller
Concellería de Cultura
Concellería de Xuventude
 
Colaboran:

Escola de adultos/as, Ceip Cangas, Ceip Espiñeira Aldán, Ceip Hio, CEip A Rúa, Colexio Eduardo Condal, Colexio Compañía de María, Colexio Casa de la Virgen, Ies Monte Carrasco, Ies María Soliño, Ies Rodeira, Solidaridade Internacional de Galicia, Axuda en Acción, Médicos del mundo, Amarante, Médicos sen fronteiras, Medicus mundi, Asociación Shanga (Amigo/a), Solidaridade Galega có Sahara, Asociación O Gato, Cine Club Cangas Xiria, Bar La Marina, Bar A Borneira, Ambigú, Salason


II Seminario Galego de Etnografía

Os vindeiros días 2, 9 e 16 de xuño o Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, celebrará no VERBUM o seu II SEMINARIO GALEGO DE ETNOGRAFÍA co título "Os saberes tradicionais dos galegos".
En horario de 10:30 a 13:30h o doutor en Antropoloxía Social José Antonio Fidalgo Santamariña, nos achegará aos saberes dos nosos devanceiros a través dos seus oficios e habilidades tradicionais.
O seminario e gratuíto e con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse. O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de maio, establecéndose unha rigurosa orde de entrada das solicitudes.
Para inscribirse, pódese facer a través da web www.vigo.org/artesania, enviando boletín de inscrición por fax ou correo e poñéndose en contacto co Centro de Artesanía Tradicional de Vigo
Rúa Subida ao Castelo, 10 36202 VIGO
Tel: 986 227424 / 986 220 758
Fax 986 224 003

Taller de improvisación e composición coreográfica

Profesor: Janusz Subicz da compañía de DANZA-TEATRO de Pina Bausch
Do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xuño de 10:00 a 14:00 h

Nº de prazas: 20
Lugar: Centro Coreográfico Galego
Prezo do curso: 120 euros (25 % de desconto para membros das asociacións profesionais de danza, parados, estudantes e carné xoven)
Perfil do participante: profesionais de artes escénicas e performativas con nivel avanzado.
 

Janusz Subicz

Resumo do taller: O taller é un traballo de improvisación que culmina nunha composición individual inspirada por un soporte musical. Da análise dos movementos, incluíndo os xestos da infancia e da vida cotiá xurde a emoción, a fantasía. A utilización dun soporte musical permite unha interpretación, unha coloración específica á creatividade de cada persoa dándolle un ritmo propio. A meta será un estudo en si mesmo na dimensión escénica, apoiándose nos coñecementos, no pasado de cada un, sexa bailarín ou actor. Toda experiencia neste ámbito será benvida.

Clase, training, quecemento; aprendizaxe, variacións e traballo sobre a técnica, composición e improvisación.
 
Profesor:

Janusz Subicz

Janusz naceu en Varsovia no ano 51, estivo nove anos estudando na Escola Nacional de Ballet de Varsovia. En 1971 ten o seu primeiro contrato no "Grand Théâtre" de Varsovia. Traballa como bailarín na Ópera de Marsella, no Ballet Teatro Contemporáneo de Angers, na

Nurkil Dance Company con técnica de Martha Graham (Paris), con Peter Gross en París, con Yuriko en EE.UU. (Técnica Martha Graham), con Betty Jones e Fritz Luden técnica – José Limon USA e na compañía de Twayla Tarpp – con "Twayla Tarpp Dance Company" NY. USA. É bailarín da compañía de danza de Pina Bausch dende 1979–94. Janusz leva quince anos no – "Wuppertaler Tanztheater – Pina Bausch".

 
Inscrición

Datas e lugar de: Do 4 ao 25 de maio
Horario de 9:00 a 14:00 horas,
Centro Coreográfico Galego.
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña.
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Tel: 981 13 49 46 / Fax: 981 13 82 94

 

Documentación necesaria para formalizar a matrícula

— Encher o modelo oficial
— Achegar C.V.
— Fotocopia de DNI
— Fotografía tamaño carné
— Para o desconto: fotocopia carné estudante, desempregado ou xustificante de pertenza a calquera asociación profesional de danza.
— Xustificante do ingreso bancario.

 
Lugar

Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n A Coruña
 

Inscrición e información

Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña
Tel: 981 13 49 46 / Fax. 981 13 82 94
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Horario de 9:00 a 14:00 horas


Semana Intercultural en Cangas


Por segundo ano consecutivo Solidariedade Internacional de Galicia pon en marcha unha SEMANA INTERCULTURAL co obxectivo de achegar as realidades doutros países aos máis xóvenes deste concello pontevedrés.

Cerca de 300 nenos e nenas de Primaria e 350 mozos e mozas de Secundaria participarán nas actividades previstas en seis Colexios e tres Institutos de E.S.O. , tanto públicos como privados.

Ademáis no Bar Ambigú (na Rúa Lirio) estará durante toda a semana a Exposición "Palestina, mulleres entre dous fogos" e na Casa da Cultura de Cangas a exposición "Comercio con-sentido" .

Luns 7 de maio. CONTACONTOS "CONTOS DO MUNDO"
ás 12.45 horas no Colexio de Aldán e ás 12.15 horas no Colexio de Hío.

Martes 8 de maio. CONTACONTOS "CONTOS DO MUNDO"
ás 9.30 horas no Colexio A Rúa e ás 9.45 horas no Colexio Casa de la Virgen. Ás 12.30 horas no C.E.I.P. Cangas (na Rúa Real- Nazaret) e ás 15.30 horas no Colexio Eduardo Pondal de Darbo.

O Mércores 9 de maio
OBRADOIROS "COMERCIO CON-SENTIDO"
de 9.20 horas a 11 horas no I.E.S. Montecarrasco (na Rúa Montecarrasco nº2) e entre as 11 a 13 horas con alumnos e alumnas de 4º ESO no I.E.S. Maria Soliño (na Rúa Monte Carrasco nº3).

O Xoves 10 de maio OBRADOIROS "COMERCIO CON-SENTIDO"
de 8.30 h a 12 horas no I.E.S. Rodeira (na Avda. de Ourense s/n) e de 9.20 horas a 11 horas no I.E.S. Maria Soliño.


VI XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os días 10 e 11 de marzo a ACF O Fiadeiro delebra ás súas VI Xornadas de Portas Abertas para que poida participar todo aquel que queira saber un pouquiño máis sobre a nosa tradición.
Este ano faranse no novo local da Asociación: Rúa Pombal, nº 38 Baixo, que está detrás do Instituto Castelao.
O horario de actividades poderedes velo no cartel, que está no álbume "Fotos do meu blog".
O mesmo cartel está colgado desta web con maior detalle: