E a min encántame a vida…

De ceas…

De cea coas da Ponte

A última hora faltaron dúas das rapazas, pero iso non foi problema para Iván, que tamén a última hora decidiu que quería vir de cea.
Non sabía onde se metía, tanta muller xunta…
Ó final pillamos una boa molladura, porque menuda noite estivo en Pontevedra.
O resultado: un constipado de cabalo, o día no sofá coa manta ata arriba e varios paquetes de klínex na papeleira.
A ver canto me dura.
Advertisements

Cea na casa de Lucía

¡Nunca aprenderemos! Pasará o tempo e seguiremos comendo cos ollos…
Xuntamos semellante cantidade de comida que non quedou máis remedio que voltar ó día seguinte para rematar o que comezaramos ó sábado á noite.
Pero é que enriba ¡todo estaba de vicio! Dende aquí a miña máis sincera noraboa á Lucía Groba polas súas croquetas.
O resto foi de marcha despois, eu non tiven folgos, nin suequera despois de monear un rato no sofá. Pero que se lle vai facer se a cama estaba a chamar por min…
A ver cando facemos outra destas…

Por fin as fotos da cea…

Para aqueles que estabades ansiosos por ver as fotos da cea do día 14 de outubro vai esta mensaxe:
Unha fai o que pode, que a cea foi o sábado á noite, e o domingo tocaba facer a maleta para ir a Venezuela.
De tódolos xeitos aquí as tedes; unha selección máis ou menos aceptable de todas as que se fixeron (omito as versións "artísticas" realizadas polo "dire").
Un saúdo.

Cea “Veira do Río”

O día 11 de marzo as compoñentes do grupo de baile "Veira do Río" de Pontesampaio (onde estou dando clase) e máis eu marchamos de cea a Pontevedra. Sempre pensei que este tipo de actividades son unha boa maneira de confraternizar, saíndo un pouco das rutinas folklóricas.
O que non sabía eu era que unhas rapazas coma estas de idades tan variadas estiveran tan mal da azotea… (sen ánimo de ofender, ¡eh mozas!). E iso que non estaban todas.
A ver se facemos outra pronto.

Cea “Os Muíños de Oliveira”

Para todo aquel que pense que o folclore é algo que dá moito traballo, que require moito tempo, e que é para un grupo de xente moi "concreto", esta é a proba de que tamén hai tempo para a diversión. Que non todo vai ser bailar, cantar e tocar. E como non, que cabemos TODOS. O que queira apuntarse á festa que avise. Nos estamos esperando impacientes que chegue a próxima.

Ponteareas en Festas

Só a Lcucía se lle ocorre meter a 26 persoas no seu salón e invitalas a cear. Non quero saber o que lle dixeron os veciños ó día seguinte…
Aínda así non vou dicir que a velada non fose agradable, porque si que o foi. A ver cando a repetimos, pero na casa de alguén que non teña veciños no piso de abaixo.
¡Ala! A durmila…