E a min encántame a vida…

Festas (familiares e outras non tanto)

79, 80,… ¡¡81!!

 

Porque a terceira idade tamén ten dereito a soprar por cada ano que pasa.

E se non que llo digan a miña avoa, que con 81 anos que ten, vive o seu aniversario coa ilusión dunha nena.
Ela tamén sopra candeas, ela tamén corta e come tarta, ela tamén enche a copa de sidra (que ten menos alcohol que a champaña) e brinda e bebe.
Pero o mellor de todo é o ánimo co que toda a familia lle canta o "Cumpleaños feliz".
¡Feliz aniversario, María!
 
 
Advertisements

Festas familiares (outra vez)

Como a min xa me explotaron o suficiente na miña casa, tócalle agora a meu irmán, e farano mentres poidan.
De novo aproveitaron un aniversario para facer unha festa familiar. Pobre rapaz, resulta que ¡por fin! (para el) alcanza a maioría de idade e en vez de ir de troula cos amigos, tócalle quedarse na casa a soprar veliñas diante de tooooda a familia (e algún agregado máis).^
Pois iso, que esta vez eramos 21 persoas sentadas á mesa.
Parece que meus pais non escarmentan, tanta xente eramos que, cando nos estabamos case a rematar o segundo prato, aínda non empezaran eles co primeiro; eles saberán…
Pero… creo que noutra a meu irmán non o pillan.

Nadal 06/07

 
Comecemos polo principio:
 
Hainos que lles gusta quentar motores, e como se non fose suficiente coas enchentas dos días propios de celebración destas festas, deciden organizar ceas ¡a noite previa ó 24…!
A experiencia non foi mala de todo; deixémolo en que tiñamos ós nosos humoristas particulares e non foi difícil pasalo ben. Pero como algúns xa imos vellos, non aguantamos moito e marchamos cedo para casa.
 
Esta noitevella tampouco tivo desprecio. Se temos en conta que tiven que levantarme cedo para ir á perruquería (total, pa ná…), que na miña casa se cea tardísimo, e que nós tamén contamos con impuntuáis no grupo, o día enteiro foi unha espera. (O resto das fotos colgareinas cando mas pasen).
 
E para rematala, aquí unha decidíu que non ía saír de marcha a Noite de Reis ¡porque non me daba a gana!. Así que houbo a quen lle tocou vir á miña casa e xogar ó tute ata as 3 da mañá con miña nai e miñas tías (pódovos asegurar que no caso deste individuo non é, para nada, un trauma). Pero ó día seguinte viñéronme as ganas de repente e houbo que resarcirse.
 
O balance xeral non foi malo. Haberá que ver canto dan de si próximas festas para "comparar". Polo pronto aínda queda moito ano por diante.
 
Saudiños.

Non se cumplen anos tódolos días…

Como tódolos anos unha anota tantos no carné de indentidade, e eu non vou ser menos que ninguén.
Como xa vos dixera, o día 29 de decembro tocoume a min, e por primeira vez en 24 anos celebreino como realmente quixen.
Así que xuntei a uns cantos colegas no Onde Sempre (Ponteareas) e dediqueime a repatir anacos de tarta. E como teño amigos para tódolos gustos, entre todos cubriron as miñas "necesidades básicas" con regaliños. Para non aburrirme.
Non teño queixa. Son boa xente.

¡HOXE É O MEU DÍA…!

Ou iso espero… porque una só cumple anos unha vez cada 365 días. E hoxe tócame a min, e xa van 24, e pasan moi rápido…
E como non, penso celebralo á miña maneira, que xa era sen tempo.
Pois o dito, que penso apagar as velas hoxe e pasalo moi, moi ben.

De festa…

Onte meu pai estivo de aniversario, e como era de esperar convidou a case toda a familia. En total eramos 19 persoas sentados á mesa.
Despóis da comida veñen a tarta e as velas; e como era de esperar tendo visita infantil, non foi Don Severo o único en apagar as velas.
Non estivo mal de todo…

Reunións Familiares

Este domingo, a pesar dos compromisos folklóricos, tivemos tempo para unha "pequena" reunión familiar.
Había tempo que non nos reuniamos todos os primos, de feito faltaban dous (Bibi e Samuel), pero que se lle vai facer. Se temos en conta que ata hai pouco cada familia vivía nunha punta do país, e que aínda hai algúns que adoitan estar a 1000 km de distancia, pois tampouco é de estrañar.
De tódolos xeitos, seguro que haberá máis oportunidades coma esta.