E a min encántame a vida…

Novas

De Serán en Romaría… espero vervos a todos alí!!!


WINDOWS 7 EN GALEGO!!!

Hoxe publico dúas veces, pero é que non me queda máis remedio. Unha por compromiso persoal, posto que unha das persoas implicadas neste proxecto me pediu que o fixera. E outra porque, por cada argumento en contra da miña cultura, saen mil respostas a favor do noso xeito de vida.

Primeiro foi a cadea de supermercados GADIS, e non é por facer propaganda pero é que aínda non atopei na televisión nada comparado coa súa campaña publicitaria. Ben é certo que sendo galegos barreron para a casa e funcionou. Deus! había tempo que ninguén expresaba tan ben o que significaba para min nacer onde nacín.

Pero é que agora quen o fai é MICROSOFT!!! Unha multinacional americana fai un aceno á nosa língua poñéndonolo un pouquiño máis fácil ós que pensamos antes en galego que en castelán. Óllo ó dato, que tamén falo castelán, pero a min criáronme na fala das “mouras”, das meigas, dos gaiteiros e pandereteiras, e é o que primeiro me sae.

A ver se o noso “marabilloso” goberno vai aprendendo, e se apunta este tipo de tantos durante “toda a lexislatura”, non só cando se aproximan unhas eleccións…


BO NADAL A TODOS!!!


X Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

X Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
X Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

E van dez!!!
O vindeiro sábado 27 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica xa por décima vez. Celebrarémolo como o merece na fermosa vila de Corcubión (A Coruña), na Fisterra galega.
… Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.
-20,30h. Recibimento no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, no lugar de Quenxe.

-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (mexillóns ao vapor, empanada, carne ao caldeiro, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”…).

-23,30h. Actuación dos grupos:
-Cantaruxare pandereteros (Uviéu-Asturies).

-Bouba pandereteiras (Tordoia e Ordes-Galiza).

-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

Ademais, para celebrar como se merece este décimo Encontro, contaremos coa participación sorpresa dunhas convidadas moi especiais… que non volo conten, hai que vivilo!!!

Inscricións.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) antes do día 15 de Novembro ao enderezo electrónico:
xuntanzatranseu@gmail.com.

Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 20 Euros. Socios U.P. Corcubión: 18 Euros.
-Cea máis aloxamento n’As Hortensias: 40 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 5 Euros.

Ingreso na conta 2091-0023-13-3040005106-Caixa Galicia. Especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a.
Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Máis información no teléfono 657 209 731 (Guillerme).

Organiza: Colectivo Transeu.
Colabora: Universidade Popular de Corcubión.

X Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
X Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

Ya van diez!!!
El prósimu sábadu 27 Payares, fiesta escomanada ya convivencia astur-galaica por décima vegada. Celebrarémoslo como lo merez na fermosa villa de Corcubión (A Coruña), na Fisterra gallega.
Veníi toos ya toes a compartir migayines de cultura pente pueblos hermanos, de la manu de pelleyes ya ruxideres ya los vieyos cantares de les nueses pandereter@s que mos pondrán a baillar ya armar folixa dica’l ñacer del día.

Programa.
-20,30h. Recibimientu nel Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, nel llugar de Quenxe.

-21,00h. Cena-confraternización a base de produtos del país (moxones al vapor, empanada, “carne ao caldeiro”, bon vinu’l país, postre, café con “jotes ya muñeires”…).

-23,30h. Actuación de los grupos:
-Cantaruxare pandereteros (Uviéu-Asturies).

-Bouba pandereteiras (Tordoia e Ordes-Galiza).

-Darréu, folixa escomanada dica l’alborecer (polo menos!!).

Amás, pa celebrar cómo se merez esti décimu Alcuentru, vamos cuntar cola participación sorpresa d’unes convidaes bien especiales… que nun vos lo cunten, hai que vivilo!!!

Inscripciones.
-Unviar datos personales (nome ya apellíos, teléfonu, e-mail de contautu) enantes del día 15 Payares a les señes lletróniques:
xuntanzatranseu@gmail.com.

Precios ya mou de pagu.
-Cena ya conciertos: 20 Euros. Socios U.P. Corcubión: 18 Euros.
-Cena ya agospiu n’As Hortensias: 40 Euros.
-Namás conciertos (abónase na entrada): 5 Euros.

Ingresu na cuenta 2091-0023-13-3040005106-Caixa Galicia. Especificar “Alcuentru” o “Encontro” ya mail o nome’l pagador/a.
Non escaezais trayer el resguardu de pagu el propiu día del Alcuentru.

Más información nel teléfonu 657 209 731 (Guillerme).

Entama: Colectivu Transeu.
Collabora: Universidade Popular de Corcubión.


CAMBIOS…

Ola a todos…
Non sei se saberedes que os espacios do Windows Live tal e como os coñecemos van desaparecer. Polo visto, a opción que nos dán a usuarios coma min, é migrarnos a un blogue de WordPress.
A min non me acaba de convencer. Son "administradora" de dous espacios máis; cun deles xa probei a experiencia, e non é que sexa difícil; simplemente é unha putada coma unha catedral ter que comezar a facelo todo de novo… Só migra as entradas e as categorías, e aínda que selecciones o idioma a meirande parte da información está en inglés (e eu non o domino precisamente).
Ademáis, véxolle varias limitacións que non teñen estes espacios e que non me gustan nada: adeus ás listas, adeus ó álbume de fotos (mátate se queres e crea un enlace ó skydrive), adeus á organización dos módulos… e así unha chea de cousas que si che permite Windows Live e que facilitaba personalizar moito máis os espacios, facelos nosos.
En fin, non hai volta atrás. O cambio será definitivo en marzo de 2011 e non nos quedará máis remedio que ir fedellando pouco a pouco ata que nos resulte tan doado usar WordPress como o é o Windows Live.
Snif… agora que os tiña todos tan monos…

IX Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana

O sábado 1 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, camiño da novena edición desta festa de irmandamento musical cos nosos curmáns astures. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!! ;-).
-20:30 h. Será a hora na que nos xuntaremos tod@s en El Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (…asturiana hehehe), que unha boa “folixa” presta ben máis co bandullo cheo.
-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras Os Muíños de Oliveira (Ponteareas) e máis dos Anfitrións, Cantaruxare.
-1:30h-…. A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.
E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.
O prezo estipulado é de 35 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!
Información e Inscricións:
-Chamando ao propio. El Sabil: 985 761 472. info@elsabil.net
http://www.elsabil.net.
NON VOS DESPISTEDES,
PRAZAS LIMITADAS!!!

 


SERÁN EN FOZARA