E a min encántame a vida…

Novas

RASTREO EN FOZARA…

Para todos aqueles que queirades un plan distinto para un sábado pola noite isto pode ser interesante, ademáis de divertido.
Advertisements

FESTIVAL FOLK

Por primeira vez Leirado (Salvaterra de Miño) aposta pola música do país para comezar as festas na honra de San Roque. O prato forte do día 15 de agosto é o Festival Folk no que participarán Pradairo, Tiruleque e Clave de Folk.
 


Suma e segue…

Aínda que fisicamente non puiden subirme ó escenario, si que o fixen molaralmente (todo o que mo permitiu a gastroenterite) para acompañar ás compis un ano máis a Arteixo.
Ains… que peniña!
Aínda así trouxeron moi boas novas… 2º PREMIO!
Nada que obxectar, dende logo.


APAGA TELECINCO

A canle de televisión Telecinco adheriuse ao ‘Manifesto pola lingua común’, que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de intelectuais en Madrid.

A
canle
comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa a lingua oficial de todo o territorio e a única ‘que poida ser utilizada polos seus cidadáns’.

Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais, Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.

Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos podemos!


GRAFFITI en Nigrán

Cartel


Ainhoa – “Imperfecta”

 
 
Non todos os artistas que saíron da batidora de OT teñen a mesma calidade. Para mostra o novo single e videoclíp de Ainhoa, que esta vez decide poñer o seu novo traballo nas mans da xente de maneira gratuíta.
Sen dúbida este é o seu traballo máis personal dos que ten publicado ata agora.
Cun timbre vocal que recorda por veces a Alanis Morrisette, sobre todo no seu primeiro single "My Prisioner", ó que corresponde este vídeo, dá unha lección de por que se merece o éxito.
Aquí vos deixo un aperitivo.

DESAPARECIDO EN BARCELONA

Marie, a nosa compañeira das noites de festa en Lorient, fai un chamamento en busca de axuda:
 
"Hola a todos.
El hermano de un amigo mío gaitero en la Bagad de Landivisiau, que estaba haciendo el erasmus en Barcelona desde septiembre, está desaparecido desde el 15 de noviembre. Se llama Romain Lannuzel.
De momento la policía no tiene ninguna pista. Romain estaba moviéndose de piso, y desde entonces no da noticias a su familia y no apareció en clase.
Os mando aquí su foto y su descripción, si podeis pasar esto a vuestros contactos, necesitamos ayuda para poder encontrarlo.
Gracias a todos.
Marie".
 
DESAPARECIDO

Dibujo

Romain Lannuzel, Estudiante, 20 años

Ojos azules, pelo negro

1,87m constitución normal.

Desaparecido martes 13/11/07.

Cualquier información llama:

654780878

645135968

680750404