E a min encántame a vida…

O folklore e máis eu

Meu avó, o gaiteiro

Rancho de reisHoxe miña tía Pili veu visitarme (ademáis de a botarme unha man coa casa, que boa falta me fai a estas alturas…) e, xunto coa rosca de pascua como boa madriña que é, trouxo algo que tal vez me fixera un pouco máis de ilusión.

Sempre estiven orgullosa das miñas orixes, pero despois de ver esta foto, un chisquiño máis.

Cada vez que tiven ocasión en determinados círculos aproveitei para mencionar quen era o meu avó materno: Manuel Iglesias, carpinteiro de profesión, pero para todo o mundo o gaiteiro de Meirol, o da Tomasa, dos Ranchos de Reis de Vilasobroso… que tocaba alí onde llo pedían e que sempre estaba disposto para a festa.

Eu xa non o vin tocar. Cando nacín a enfermidade xa fixera mella no seu corpo, e xa perdera algunha que outra gaita por prestarlla a quen non devolve o que leva. Cando faleceu eu tiña seis anos.

Son poucos os recordos que conservo del, pero son os mellores que se poden gardar dun avó. A xente que o coñecía só ten boas palabras para un home que era querido por todos e que, como gaiteiro que era, tamén tiña a fama que lle corresponde a un músico da época… xa escoitei de todo! É o que ten andar de aldea en aldea coa gaita ó lombo…

A que conservamos na casa, coma ouro en pano despois de restaurada xunto co seu clarinete (o Manuel pegáballe a todo…), volveu soar nos dedos de miña irmá logo de moitos anos. Non é a da foto, esa non voltou. A que si gardamos, de buxo en “si bemol”, está para que siga pasando de xeración en xeración a espera dun novo “Iglesias” que dea as súas primeiras notas con ela, como ocorreu con miña irmá.

A min deume pola percusión, pero esperarei paciente a ver quen é o seguinte que a faga sonar para acompañalo de lindo gusto.


TRASPÉS nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicional do Concello de Vigo


Orgullosa

Porque este domingo as miñas pequenas da AC Ondiñas do Mendo tiveron un comportamento exemplar en tódolos aspectos, fóra e dentro do escenario.
Porque tanto as que participaron como os que non o fixeron me motivan cada venres coas súas ganas e ilusión a seguir traballando duro.
Porque, a pesar dos pesares e das dificultades, os pais, familiares e directiva tamén aportaron o seu gran de area co seu apoio a este proxecto.
Porque, aínda que nos queda moito por facer, todas estas cousas me fan sentir ORGULLOSA de todos eles.
GRACIAS.


De Serán en Romaría… espero vervos a todos alí!!!


De concurso con Traspés

Onte celebráronse as XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais do Concello de Vigo, e como non, eu tamén fun bailar (é que estamos en todas…).

Comezamos quedando para comer con algúns compis, logo a Sárdoma a darlle unha voltiña ós bailes e recoller o que nos faltaba. Tirar para o Caixanova, descargar ós coches á chuvia (menuda tarde…!) e cambiarnos prácticamente no hall do teatro… menos mal que había cortinas!

E tocou bailar, e fixémolo, e disfrutámolo e pasámolo xenial! É unha sorte ter estes compañeiros e este dire… E chegou o momento da entrega de premios… e levamos o PRIMEIRO…!!!

A verdade é que o día non puido rematar mellor…


E seguimos de concursos…

Despois dun tempo apartadas dos concursos por problemas de garganta, por baixas e novas altas, por fin volvín actuar nun concurso coas Pandereteiras Os Muíños de Oliveira.

Como somos así de masocas, decidimos que era boa idea que o primeiro concurso ó que foran as nosas novas compis fose o de Cervo. Menuda paliza en furgo… aquí a conductora dous días máis tarde aínda non se recuperou de tanto tute. Di ti que o ensaio de onte a tarde con Traspés tamén inflúe.

Pois iso, que moi ben a viaxe, moi ben a comida, moi ben o concurso, moi ben todo… pero unha ten o cupo cheo por un par de meses… merda! non! que este sábado toca no Caixanova… agrrrrr!!!


Bailando con SondeSeu

Esta noite de Nadal/por ser noite de alegría/bailamos con SondeSeu/pa tv de Galicia…
E como non, meu pai de fotógrafo, sempre me pilla nos mellores momentos… Nesta só se nos ve a Juanma e a min, pero Raque e Ana tamén estaban, "lo prometo".

BO NADAL A TODOS!