E a min encántame a vida…

Vídeos

NUK “Volver a empezar”

Estes días tócame facer recopilación de fotos e vídeos da miña faceta “artística”. O caso é que un amigo tivo o detalle de colgar en youtube o corte coa miña actuación na estrea da curta de Rubén Riós “Coser e Cantar”, no Auditorio de Ourense, hai xa 4 anos. Rubén escollera a canción como tema principal do making off.

Agora que o meu “compañeiro de batallas” está lonxe, non podo evitar recordar estes momentos con algo de morriña. Dubido que volva atopar outra persoa que me entendera tan ben. Foi moi gratificante traballar contigo, Keñi. Todo parecía tan sinxelo cando te poñías ó piano…

Teño a esperanza de que poidas volver para repetilo.

Artista: NUK

Tema: Volver a empezar

Letra: Nuria Gesteira / Música: Nuria Gesteira e Alejandro Rodríguez “Keñi”

Advertisements

TRASPÉS nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicional do Concello de Vigo


Traspès no Luar


Orgullosa

Porque este domingo as miñas pequenas da AC Ondiñas do Mendo tiveron un comportamento exemplar en tódolos aspectos, fóra e dentro do escenario.
Porque tanto as que participaron como os que non o fixeron me motivan cada venres coas súas ganas e ilusión a seguir traballando duro.
Porque, a pesar dos pesares e das dificultades, os pais, familiares e directiva tamén aportaron o seu gran de area co seu apoio a este proxecto.
Porque, aínda que nos queda moito por facer, todas estas cousas me fan sentir ORGULLOSA de todos eles.
GRACIAS.


INDIGNANTE NON… O SEGUINTE!!!

Hoxe, na cumbre dos G8, preguntáronlle a Sarkozy polo movemento e as acampadas do 15M comparándoas coas revoltas e manifestacións dos países árabes. El replicou que non era o mesmo manifestarse nun país democrático coma España, que facelo en países coma Túnez ou Exipto, que non tiña a mesma… relevancia…

Pois logo de ver as imaxes da carga policial desta mañá na Praça de Catalunya e a marabillosa actuación so Mossos d’Esquadra non me queda máis remedio que quitarlle a razón, señor Sarkozy. Porque supostamente isto non debería ocorrer nun país democrático. É máis, os corpos de seguridade deben estar para protexer á xente pacífica, e non para maltratala.

O desta mañá demostra que temos liberdade de expresión según para que; e é que, vexas o vídeo que vexas, non podes máis que preguntarte unha  e outra vez en que clase de país vivimos.

VERGOÑA DEBERÍA DARNOS!!!


WINDOWS 7 EN GALEGO!!!

Hoxe publico dúas veces, pero é que non me queda máis remedio. Unha por compromiso persoal, posto que unha das persoas implicadas neste proxecto me pediu que o fixera. E outra porque, por cada argumento en contra da miña cultura, saen mil respostas a favor do noso xeito de vida.

Primeiro foi a cadea de supermercados GADIS, e non é por facer propaganda pero é que aínda non atopei na televisión nada comparado coa súa campaña publicitaria. Ben é certo que sendo galegos barreron para a casa e funcionou. Deus! había tempo que ninguén expresaba tan ben o que significaba para min nacer onde nacín.

Pero é que agora quen o fai é MICROSOFT!!! Unha multinacional americana fai un aceno á nosa língua poñéndonolo un pouquiño máis fácil ós que pensamos antes en galego que en castelán. Óllo ó dato, que tamén falo castelán, pero a min criáronme na fala das “mouras”, das meigas, dos gaiteiros e pandereteiras, e é o que primeiro me sae.

A ver se o noso “marabilloso” goberno vai aprendendo, e se apunta este tipo de tantos durante “toda a lexislatura”, non só cando se aproximan unhas eleccións…


Boa resposta…

Coma en outras ocasións internet segue sendo fonte de información, desinformación e polémicas. Pero algunhas veces nos deixa algunha que outra perla que merece ser compartida por todos.

E é que agora “Alfonso Alfonso” dálle unha volta máis ó asunto  da retranca e consegue mostrarlle ó resto do país que non hai humor coma o galego, a que non???

Non podía haber mellor resposta para a nosa “querida” Marta de GH ca esta. Grande Alfonso: